Juegaterapia, a quimio xogando pasa voando


O artigo Juegaterapia, a quimio xogando pasa voando foi publicado orixinalmente en Memoria Pixelada en 6 de xullo de 2011.


www.juegaterapia.org

Nesta ocasión permitídeme que vos fale dunha iniciativa moi interesante. Nos hospitais hai ingresados moitos nenos e nenas doentes de cancro que teñen que ser sometidos á quimioterapia. É un proceso moi duro, con efectos secundarios como náuseas, perda do pelo, un forte cansazo... e se xa é duro para un adulto, imaxinade para un cativo. Os pequenos pásano realmente mal, e por iso cada sorriso é importante.

Un grupo de persoas que se deron en chamar Juegaterapia decidiron axudar dun xeito tan aparentemente banal como efectivo: Dándolles videoxogos. Desde entón dedícanse a recoller videoconsolas e videoxogos usados (ou novos, vaia) para repartilos polas plantas de Oncoloxía dos hospitais de todo o Estado.

Juegaterapia ten a sede en Madrid, mais existen moitas asociacións noutros puntos que se ocupan de recoller por eles os videoxogos. Na Galiza encárgase a AECC (Asociación Española Contra el Cáncer) que ten a sede na Coruña no enderezo a seguir (ou baixa a lista completa):

AECC
Praza do Mestre Mateo 2, 2º
15004 A Coruña
Tlf: 981142740

Podedes encontrar unha extensa entrevista en Fase Extra onde explican todo polo miúdo. Tamén podedes colaborar comprando unha camiseta ou facendo unha doazón económica. Tamén os podedes encontrar no Facebook, no Twitter, no seu blog e, de certo, na súa web.

A próxima vez que vaias vender os teus videoxogos a unha tenda de segunda man por un prezo irrisorio, pénsao mellor. Alegrar a hospitalización dos miúdos con cancro está nas túas mans.

Mensagens populares deste blogue

Novo DLC gratuito para o galego

Jon Amil: “A AGAL tem que encontrar o seu papel também fora do campo cultural galego, tem que ser uma referência para a sociedade galega no seu conjunto”

Com música de fundo de Linkin Park